O Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría da Universidade da Coruña (GIGG) inclúe entre as súas actividades ser Receptor de Visitantes de acordo aos requirimentos establecidos.
O/a Investigador/a Visitante incorporarase para desenvolver en colaboración con outros membros do Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría algunha ou varias das liñas de investigación que se oferten en cada momento (Ver http://investigacion.udc.es/gl/Research/Details/G00083)
O/a Investigador/a Visitante, ademais de cumprir escrupulosamente as normas establecidas nos espazos de traballo onde desenvolva a súa actividade, así como a gardar a máxima confidencia sobre a información posta á súa disposición, deberá ingresar as taxas vixentes para estadías a través da conta da Universidade da Coruña, sempre con carácter previo á súa chegada.
O Grupo de investigación en Xerontoloxía e Xeriatría facilitará ao/á investigador/a:
• Un titor que supervisará o seu traballo
• Acceso aos fondos bibliográficos da UDC
• Un espazo de traballo con ordenador e medios ofimáticos
• Uso razoable de fotocopiadora, consumibles de oficina e impresión
• Certificado de realización de estadía no que conste, tanto a duración desta, coma as actividades realizadas
Este Grupo de Investigación non proverá ningunha forma de acomodación ou asistencia financeira ou sanitaria durante a visita.
Se esta interesado envíenos por email (admongig@udc.es) os seus datos de contacto, un breve resumen da área na que se atopa interesado e o seu currículo actualizado. Contactaremos con vostede o máis axiña posible.