Protección de datos

De acordo co establecido pola normativa de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que está a facilitar os seus datos de carácter persoal ao Responsable de Tratamento: GRUPO DE INVESTIGACIÓN EN XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA. UNIVERSIDADE DA CORUÑA, con dirección en EDIFICIO UNIVERSITARIO DE OZA. OZA/SN. 15006 (A CORUÑA) e correo electrónico admongig@udc.es

1. Finalidade do tratamento: Os datos recompilados serán unicamente os detallados no formulario de contacto, así como aqueles que vostede mesmo facilite no apartado “Comentarios”. O GRUPO DE INVESTIGACIÓN EN XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA poderá tratar os seus datos de carácter persoal de acordo coas seguintes finalidades:
– Xestionar a súa navegación a través do Sitio web.
– Xestionar o servizo de Atención ao Usuario, para dar resposta ás dúbidas, queixas, comentarios ou inquietudes que poida ter relativas á información incluída no Sitio web, así como calquera outras consultas que poida ter.
– Xestionar o cumprimento, mantemento, desenvolvemento e control de calquera relacións que o GRUPO DE INVESTIGACIÓN EN XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA manteña con vostede.O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria, pode conlevar que non sexa posible xestionar a súa petición a través do formulario de contacto.
No caso de que nos achegue Datos Persoais de terceiros, vostede responsabilízase de informar e obter o consentimento destes para ser achegados coas finalidades indicadas nos apartados correspondentes da presente Política de Privacidade e Cookies.
3. Lexitimación do tratamento dos seus datos de carácter persoal: A lexitimación baséase no consentimento que vostede nos outorga ao clicar o botón “ACEPTO A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS”.
4. Destinatarios de cesións: Non cederemos os seus datos a terceiros, salvo para dar cumprimento a unha obrigación legal.
5. Dereitos: Por último, informámoslle dos seus dereitos en materia de protección de datos.
– Dereito a solicitar o acceso aos seus datos persoais.
– Dereito a solicitar a súa rectificación ou supresión (dereito ao esquecemento).
– Dereito a solicitar a limitación do seu tratamento, e a opoñerse ao tratamento.
– Dereito á portabilidade dos datos.
– Dereito á retirada de consentimento.
Para exercer os seus dereitos non ten máis que realizar unha solicitude por escrito e acompañala dunha copia do seu DNI. Debe presentar o seu propio escrito en admongig@udc.es

5. Medidas de seguridade: O GRUPO DE INVESTIGACIÓN EN XERONTOLOXÍA E XERIATRÍA ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos seus datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, a perda e o tratamento e/ou o acceso non autorizado, tendo en conta o estado da tecnoloxía, a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.

Comments are closed.