27-10-2021
Programa de Envellecemento Activo financiado pola Deputación da Coruña

Foie-Foiaxe

O Grupo de Investigación en Xerontoloxía e Xeriatría da UDC mantén a súa colaboración co Complexo Xerontolóxico La Milagrosa en relación ao Programa de Envellecemento Activo, que financiado pola Excma. Deputación da Coruña a través das súas convocatorias FOIE e FOAXE/2021 trata de mellorar a calidade de vida das persoas maiores institucionalizadas a través de diferentes técnicas de intervención, físicas (actividade física multicompoñente, fisioterapia, …) e mentais (estimulación multisensorial, terapias de grupo, …).

Deixa unha resposta